Palilleiras do Miño

2º XUNTANZA DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS ENTORNO O ENCAIXE DE BOLILLOS.

Froito da boa acollida da primeira edición, o pasado 15 de xuño organizamos a “2º Xuntanza Palilleiras do Miño” un encontro de convivencia entorno  o encaixe de bolillos que tivo lugar no recinto feiral de Expourense.

Unha iniciativa da AGRUPACIÓN MIÑO que serviu como espazo de convivencia e relación entre veciñas e veciños que comparten afección pola labor das palilleiras. Na xuntanza participaron 300 persoas entre participantes, expositores e visitantes que puideron desfrutar das demostracións, exposicións de artesanía relacionada co encaixe, petisco de convivencia e agasallos para as participantes.

Os medios de comunicación fixeronse eco da boa acollida que tivo esta actividade organizada dende a Agrupación.