O proxecto de intervención sociocomunitaria REDE VECIÑAL DE MULLERES que impulsamos dende a AGRUPACIÓN MIÑO pon a disposición das mulleres do rural e a periferia do Concello de Ourense os seguintes servizos gratuitos:
SERVIZO DE ORIENTACIÓN, INFORMACIÓN, ATENCIÓN SOCIAL (TRABALLADORA SOCIAL)
Atención individualizada informando, orientando e asesorando sobre recursos sociais (tramitación de prestacións económicas, axudas a dependencia…) recursos sanitarios (tarxeta sanitaria, cita previa consultas médicas) e calquera trámite coa Administración que requira de acompañamento.
SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA (PSICÓLOGA)
Atención psicolóxica individual e grupal para favorecer a adquisición de recursos que melloren o benestar emocional previndo a soidade, o illamento social e situacións de violencia reforzando competencias persoais e sociais para a vida autónoma.
SERVIZO DE MEDIACIÓN FAMILIAR (TRABALLADORA SOCIAL TECNICA EN MEDIACIÓN)
Intervención na xestión de conflitos derivados da situación familiar das mulleres usuarias. A Traballadora social e Técnica en Mediación, imparcial, neutral e sen ningún poder de decisión facilitará a comunicación entre as partes en conflito cando se presente unha situación familiar na que a comunicación estea rota e non se poda chegar a un acordó.
OBRADOIRO NAS AAVV SOBRE A XESTIÓN DE CONFLITOS
Nos locais sociais das Asociacións Veciñais integradas na AGRUPACIÓN MIÑO que o soliciten desenvolveráse un Obradoiro Participativo sobre a xestión de conflitos abordando:
- Xestión emocional, autoestima e autocoñecemento.
- Comunicación,habilidades e ferramentas.
- Conflito, xestión e visión positiva.
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE OS SERVIZOS:
AGRUPACIÓN MIÑO. Asociacións Veciñais do rural e a periferia.
Rúa Dr.Marañón nº6 (baixo) agrupaciónminho@gmail.com 988232963 /610154310
PROXECTO DE INTERVENCIÓN SOCIOCOMUNITARIA FINANCIADO POR: