Servizos

Coa finalidade de apoiar e dinamizar a labor das Asociacións Veciñais do rural e a periferia do Concello de Ourense dende a Agrupación Miño apostamos por ofrecer os seguintes Servizos:

ESPAZO VECIÑAL
Pomos a disposición das veciñas e veciños o noso local social como un espazo de encontro,convivencia e debate colaborando coas actividades de aquelas iniciativas sociais que necesiten un lugar de reunión para desenvolver as súas actividades.Un espazo no que combinamos Obradoiros participativos coa realización de Asambleas Veciñais xerando un espazo de participación e debate sobre as temáticas que afecten as veciñas e veciños.

INFORMACIÓN,ATENCIÓN E DINAMIZACIÓN VECIÑAL
Un servizo mediante o cal coordinar as actividades das Asociacións Veciñais establecendo extratexias de comunicación tanto internas como externas, asesoramento xurídico, información sobre procedementos de interese para as entidades asociadas, asesoramento no deseño e avaliación dos seus programas de actividades e priorizando a cooperación entre entidades.

CAMPAÑAS DE DINAMIZACIÓN E SENSIBLIZACIÓN
Establecemos acordos de colaboración con distintas entidades veciñais, sociais, sanitarias para a realización de campañas de información e sensibilización, achegando aos locais socias das Asociacións Veciñais do rural e a periferia temas do seu interese.